lunes, 16 de marzo de 2015

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

Dentro do programa de voluntariado da biblioteca, os nenos e nenas de 2º a 6º encárganse de ler aos de infantil e primeiro. Cada neno/a ten un padriño ou madriña que unha vez á semana baixa lerlles á aula. Están emocionados con esta actividade, e a verdade é que impresiona a adicación e preparación duns, e a atención e a escoita dos outros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario