domingo, 30 de noviembre de 2014

XADREZ

Este mes comezamos co xadrez na biblioteca; para iniciarnos e que sexa máis doado temos nos ordenadores os xogos instalados para competir con eles ou con outro compañeiro/a. Ó premer sobre a peza indícache tódolos posibles movementos que pode realizar, e para os que prefiran no método tradicional teñen disponible un taboleiro coas pezas.



O SAMAÍN

No Samaín tivemos uns estantes con selección de libros de medo e decoración realizada polo noso alumnado.




OS NOSOS AXUDANTES/AS

No mes de Outubro, co motivo do días das bibliotecas fixemos unha reunión cos alumnos/as de 4º,5º e 6º para escoitar as súas propostas de mellora para a nosa biblioteca, así como solicitar a súa axuda para realizar distintas tarefas: decoración, elaboración dos novos carnés, realizar empréstitos e devolucións na hora do recreo e preparar contacontos para os nenos/as doutras aulas.  Estes rapaces tan fantásticos xa se puxeron mans á obra:








BENVIDOS/AS Ó BLOGUE DA NOSA BIBLIOTECA

Este curso comezamos con algunhas novidades na nosa biblioteca e ésta é unha delas: O NOSO BLOGUE...Aquí poderedes ver tódalas actividades que estamos a levar a cabo neste espazo.