Gracias as familias, puidemos elaborar este libro que contén remedios caseiros, algún deles moi curiosos e que descoñeciamos, se queredes velo premede na imaxe e vos levará a él, ou se preferides podedes consultalo na nosa biblioteca.
Etiquetas
animación á lectura
arrugas
avós
axudantes
bat pat
bibliotecas solidarias
cancións
cantigas de berce
carnés
concurso
contacontos
contos
cuarto
curtas
decoración
día do libro
dinamización
ditos
emocións
empréstitos
entrevistas
escritura
familias
geronimo stilton
infantil
mascota
medo
música
ordenadores
película
primeiro
proxecto
quinto
recomendacións
refráns
relatos
saída
samaín
segundo
sexto
terceiro
tradición oral
xadrez
xogos
martes, 12 de mayo de 2015
lunes, 4 de mayo de 2015
DÍA DO LIBRO
Durante este mes, centrámonos nos nosos maiores: fixemos de reporteiros coas entrevistas aos nosos avós, elaboramos as súas biografías, fixemos un concurso de relatos con esta temática e tamén, gracias as familias unha exposición con utensilios, xoguetes e aparatos doutra época, e os máis pequenos trouxeron unhas emotivas fotos onde podemos ver cómo os avós e avoas lles len os contos.
O día do libro, entregamos os agasallos aos gañadores do concurso de relatos e ao creador da nosa nova mascota. Un mes intenso, pero pagou a pena. Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración!!!
jueves, 30 de abril de 2015
viernes, 17 de abril de 2015
Entrevistamos aos nosos avós e avoas
Xa temos as primeiras entrevistas dos reporteiros/as do colexio: Gabriel, Leire e Lucas fixéronlle unhas cantas preguntas aos seus avós, que podedes mirar nos vídeos. Queremos agradecer a tódalas familias a enorme participación neste proxecto e especialmente aos avós e avoas do noso alumnado.
Relatos de 4º
Neste enlace deixamos os relatos que realizaron os alumnos/as de 4º. Non vos marchedes sen votar!!!!
RELATOS 4º
RELATOS 4º
UP
Os nenos e nenas de Educación Infantil estiveron a ver a a película de Up : a fantástica relación interxeneracional dos protagonistas, a amizade, o Amor, conseguir os soños da nosa vida, o traballo en equipo,valentía, e respeto son algunhas das cousas que quedan reflexadas neste filme tan encantador.
CONCURSO DE RELATOS DE 5º
Aquí podedes ver os relatos que fixeron os alumnos/as de 5º de primaria. Animádevos a votar e elexir a un gañador:
RELATOS 5º
RELATOS 5º
lunes, 6 de abril de 2015
Contos sobre os avós e avoas
Deixamos algunhas recomendacións sobre contos dos avós e avoas, algúns xa os temos na biblio do colexio.
lunes, 30 de marzo de 2015
Arrugas
Recomendación desta película que levou varios premios entre eles o de Mellor película de animación nos premios Goya do 2012. Deixamos o trailer da mesma para que o disfrutedes:
domingo, 29 de marzo de 2015
lunes, 23 de marzo de 2015
OS MÚSICOS DE BREMEN
Algúns dos voluntarios da biblioteca prepararon unha representación " Os músicos de Bremen". Menudos artistas , gracias rapaces por compartila co resto dos compañeiros/as e mestres.
lunes, 16 de marzo de 2015
A CASA DA MOSCA CHOSCA
Nesta ocasión os nenos e nenas da aula de 4 anos prepararon a historia da "Mosca Chosca " e a representaron en dúas ocasións na nosa biblioteca na hora de lectura: para os nenos de infantil e para os de 1º e 2º de primaria.
Salón do Libro en Pontevedra
Aínda podedes visitalo: hai actividades de contacontos, teatro, obradoiros, exposicións... non perdades a oportunidade... Ata o 28 de marzo!!!!
VISITA Ó CENTRO DE DÍA " OS AVÓS "
Os nosos voluntarios/as de 5º e 6º foron visitar aos maiores do Centro de Día " Os Avós" para representar dúas obras que estiveron preparando con moito agarimo: " Os músicos de Bremen" e " Quitalobos". Os avós máis eles tamén cantaron xuntos. Pasaron un ratiño moi entrañable!!!
PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS
Dentro do programa de voluntariado da biblioteca, os nenos e nenas de 2º a 6º encárganse de ler aos de infantil e primeiro. Cada neno/a ten un padriño ou madriña que unha vez á semana baixa lerlles á aula. Están emocionados con esta actividade, e a verdade é que impresiona a adicación e preparación duns, e a atención e a escoita dos outros.
domingo, 11 de enero de 2015
BIBLIOTECAS SOLIDARIAS
O noso centro é un dos 21 colexios participantes de Pontevedra no Voluntariado de Lectura ,que está incluido no proxecto de Bibliotecas Solidarias da Consellería de Educación.
Un grupo de rapaces e rapazas de 5º e 6º, que forman parte dese equipo serán os que levarán a cabo actuacións altruistas relacionadas coa nosa biblioteca: lectura de contos, apadriñamento lector, reparación de libros, empréstitos e devolucións e lecturas ós nosos maiores no Centro de Día.
Nestes tempos de crise temos que aproveitar os nosos recursos humáns e materiais para facer o noso día a día moito máis entretido á vez que abrimos as nosas mentes e corazóns.
NORABOA CHICOS!!!!
Un grupo de rapaces e rapazas de 5º e 6º, que forman parte dese equipo serán os que levarán a cabo actuacións altruistas relacionadas coa nosa biblioteca: lectura de contos, apadriñamento lector, reparación de libros, empréstitos e devolucións e lecturas ós nosos maiores no Centro de Día.
Nestes tempos de crise temos que aproveitar os nosos recursos humáns e materiais para facer o noso día a día moito máis entretido á vez que abrimos as nosas mentes e corazóns.
NORABOA CHICOS!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)